Un pacto social para unha reconstrución verde e inclusiva
En posicionámonos como actor clave na recuperación trala pandemia mediante o impulso do Pacto Social, unha proposta coa participación de todos (empresas, administracións e cidadanía) para responder aos desafíos que afrontamos actualmente como sociedade e contribuír a unha reconstrución económica verde e inclusiva, sen deixar ninguén atrás.
Que é o Pacto Social?
As persoas no centro
Co obxectivo de dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da actual crise sanitaria, en avogamos por establecer un pacto social que garanta unha recuperación económica sostible e inclusiva, de acordo coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.
O Pacto Social fundaméntase na cooperación e o diálogo que se establece nas mesas de traballo cos principais grupos de interese e o compromiso de todos —a cidadanía, as distintas administracións públicas, as entidades sociais e as empresas.
Deste xeito, propoñemos un modelo de xestión da auga e do medio ambiente máis eficiente, sostible e inclusivo que preserve o planeta, mellore a calidade de vida e protexa as persoas, especialmente as máis vulnerables.